Con motivo do Proxecto do cole "A volta ao mundo en 80 historias", os rapaces de 3º e 4º do Mestres Goldar están profundizando no coñecemento do continente africano.
Aínda que xa non formo parte deste cole, quedoume pendiente a montaxe deste audio-libro que fixemos na clase de inglés a partir dun conto popular que nos trouxeron directamente dende África, facendo así a nosa pequena aportación ao proxecto.
Moitas grazas ao alumnado polo seu esforzo e dedicación.
Aproveito a ocasión para enviar unha aperta agarimosa a todas esas persoas que fixeron tan gratificante e produtivo o meu paso polo cole.