xoves, 26 de xaneiro de 2017

VIDEO: "New friend for Christmas"

Aquí vos deixo todo o proceso do proxecto resumido nun vídeo.


domingo, 8 de xaneiro de 2017

PROJECT: "New friend for Christmas"

Dende a aula de inglés, este ano aproveitamos o Nadal para facer novos amigos arredor de Europa. 

Todo o alumnado de Primaria do CEIP Mestres Goldar (Vigo) participou neste proxecto, que consistiu en facer un intercambio de postais de Nadal con rapazas e rapaces de outros colexios, escribindo tamén unha pequena carta para coñecernos un pouco uns aos outros.

O primeiro paso foi poñerme en contacto con outros mestres que quixeran participar con nós, e para iso utilicei a plataforma eTwinning, que é como unha comunidade de centros educativos de toda Europa. 

Nun prazo máximo dunha semana xa tiña os socios axeitados para poñernos en marcha.

Os países cos que fixemos este intercambio foron distintos en función do curso:

1º de Primaria con Grecia

2º de Primaria con Francia

3º de Primaria con Polonia

4º e 5º de Primaria con Finlandia 

6º de Primaria con Estonia.
Como non sabemos falar en polaco, finés ou grego, utilizamos o inglés como lingua franca, xa que (ademáis de facelo nas clases de lingua estranxeira) un dos obxectivos do proxecto é motivar ao alumnado nesta lingua e que viran a súa utilidade para comunicarse arredor do mundo hoxe en día. Ademáis sirveunos para afianzar estruturas xa traballadas na aula e que nos axudan a falar de nós mesmos, dos nosos gustos, afeccións, etc. 

Cada curso, por suposto coa complexidade axeitada ao seu nivel:
1º EP
2º EP
3º EP

4º EP
5º EP


Unha vez tivemos as cartas, adicámonos a decorar as postais, cada quen ao seu gusto:




Unha vez tivemos todo listo, enviámolo por correo postal:




Mentres non recibíamos as nosas postais, os rapaces de 6º aproveitaron  para investigar un pouco sobre os países cos que estábamos traballando. Por equipos fixeron uns carteis con información importante, como cal é a capital e a bandeira, qué idioma se fala e cales son os monumentos máis coñecidos do país.







Con estes carteis fixemos un mural fóra da aula a disposición de todos os nenos e profes do cole, onde podemos ver onde están situados estes países e aprender un pouco sobre eles:




Despois dun par de semanas impacientes pola espera empezamos a recibir os paquetes dos nosos socios. Os rapaces emocionadísimos, e a profe... tamén!!


Aínda nos faltan un par de paquetes por recibir, que supoño estarán esperando a que volvamos das vacacións.

O balance do proxecto foi moi positivo sobretodo en canto á motivación, aínda que tamén en canto a aprendizaxe (non só de contidos). 

Por demanda do alumnado é moi probable que continúe este intercambio de cartas e postais para coñecernos máis profundamente. Manterémosvos informados!




venres, 6 de xaneiro de 2017

ACTIVITY: "My Christmas Stocking" - Students

Esta actividade foi realizada polos rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CEIP Mestres Goldar.

Cada nena e cada neno deseñou o seu Christmas Stocking ao gusto e logo fixo unha presentación ao resto da clase, dicindo as cores empregadas e os obxectos de decoración.

Trabállase vocabulario relacionado co Nadal e as cores, ademáis das estructuras "It's ..." e "It's got...". Favorece tamén a producción oral (fluidez, entonación, pronunciación,...) e a pérdida de vergoña nas exposicións en lingua estranxeira.

Utilizamos tamén unha claqueta de cine para marcar o momento de silencio á hora de grabar.

MOI BO TRABALLO !!!