luns, 26 de febreiro de 2018

"MOVING"



Boas! 

Non deixei de bloguear, só que teño blog novo para o curso 2017/2018:


Ahí imos colgando as actividades que facemos na clase, recursos da internet que nos resultan útiles para aprender inglés, proxectos que levamos a cabo, e outras cousas interesantes que van xurdindo.

Espero vos sirva para aprender moito.

mércores, 31 de maio de 2017

domingo, 16 de abril de 2017

STORY: "The Lion and the clever little Jackal"


Con motivo do Proxecto do cole "A volta ao mundo en 80 historias", os rapaces de 3º e 4º do Mestres Goldar están profundizando no coñecemento do continente africano.
Aínda que xa non formo parte deste cole, quedoume pendiente a montaxe deste audio-libro que fixemos na clase de inglés a partir dun conto popular que nos trouxeron directamente dende África, facendo así a nosa pequena aportación ao proxecto.

Moitas grazas ao alumnado polo seu esforzo e dedicación.

Aproveito a ocasión para enviar unha aperta agarimosa a todas esas persoas que fixeron tan gratificante e produtivo o meu paso polo cole.




venres, 17 de marzo de 2017

GAME: "Saint Patrick's Day Bingo"

Happy St. Patrick's day!!!


Hoxe é 17 de Marzo, e para celebrar o día de San Patricio, xogamos ao Bingo.

Os cartóns foron descargados da páxina: http://www.toolsforeducators.com/bingo/
Nesta web pódense preparar cartóns de bingo de diferentes temáticas en 3x3 ou en 4x4.

Preparación:
- Descargar cartóns. 
- Colorear e recortar
- Pegar en cartolina
- Forrar
- Recortar cadros de cartolina para marcar os acertos
- Facer tarxetas co vocabulario

Ter preparado algún pequeno premio para os gañadores, dependendo do gusto dos nenos. (Nós temos de premio figuras de cartón troqueladas de diferentes formas e cores brillantes)